OS NENOS DA RATA LUÍSA Mon Daporta Os biosbardos Hoxe foron facer outra vez magosto , os mesmos de sempre e un ratiño.

Report
OS NENOS DA RATA LUÍSA
Mon Daporta
Os biosbardos
Hoxe foron facer outra vez magosto ,
os mesmos de sempre e un ratiño novo.
Todo foi moi ben, os xogos e as laradas,
riron a afartar e ata sobraron castañas.
E nestas xuntanzas, xa se sabe, é obrigado
gastarlle unha broma ao recén chegado.
E, como de repente, xurdeu unha idea
que foi ben acollida pola patulea.
-O que iría moi ben para completar a festa
sería asar uns biosbardos para aproveitar a fogueira.
-Ou sí! Están moi bos!
-Sí, saben moi ben.
-O malo é atopar quen os poida coller.
-A nós xa nos coñecen porque teñen boa memoria.
Ten que ser alguén novo ou que veña de fóra.
-Sí, e de entre nós non pode ninguén.
Só está o novo… se quixera el.
Contáronlle a cousa con todo o engado
e o novo aceptou. Coáranlle o engano!
O de estar moi quedo e cos ollos pechados
na beira do río agarrando dun saco.
-E para os que somos cantos hei de coller?
-Cunha media ducia xa estaría ben.
E alá o levaron á beira do río
co saquete aberto a decir baixiño.
-Biosbardo, biosbardo…
salta do río e entra no fardo.
E ao pouco metéronlle unha pedra no saco
para darlle azos e que seguira contando.
Despois da terceira deixárono alí
e volveron á fogueira para poderse rir.
Cando pasou o tempo e o pescador non deu sinal
acordaron que tiñan que ilo buscar
E ao chegaren alí vaia susto levaron.
Non había ninguén no sitio onde o deixaron!
Correron o río arriba e abaixo,
e o monte todo sen dar nin co rastro.
Dandoo por perdido, ao xuntarse, acordaron
iren á súa casa e alí contalo.
Tardaron o seu, pois ningún quería
ser o que tivera que dar a noticia.
E cando, por fin, petaron á porta
abréulles o amigo coma se tal cousa.
E contoulles logo, escachando coa risa,
que a historia era vella e que el xa a sabía.
que seguira o xogo, non por outra cousa,
máis que aproveitar para volvérllela broma.
Que cando eles marcharon, para ir rir, ao outro lado
aproveitou e enganounos marchando ao calado
Volveron á casa bastante amolados,
Ben aprendidos e escaramentados.
Luísa, Roxelio
e máis os ratiños
agardan que vos gusten
estes seus contiños.
Abur!

similar documents